Alejandro Pérez: "En libro '20.000 leguas de viaje submarino' hay un capítulo que se refiere a la Bahía de Vigo"

Evigo evigo twitter evigo google Videos evigoFotos Instagraminformacion
Actualizado el Sábado, 08 Noviembre 2014 01:26
Publicado el Miércoles, 16 Julio 2014 17:34
Escrito por eVigo
Diario-universidad-deVigo

Contactar con Universidad de Vigo

Atención al cliente: 
Telefono en la WEB
Tel: 

www.duvi.uvigo.es

Redes Sociales de Diario Universidad de Vigo

 

Ver Noticias de Otros medios

 
Publicado Thu, 22 Jun 2017 11:45:01 +0100
Analizar os efectos que o cambio climático pode ter nos ecosistemas forestais e os posibles xeitos de combatelos, así como estudar as vías nas que este sector pode contribuír á loita contra o quentamento global son os dous eixos centrais do debate que un grupo de 20 expertos e expertas de 13 países manterán ao longo dun ano tras seren seleccionados pola Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea co propósito de definir un documento que poida servir como guía en futuras políticas e actuacións. Un grupo de traballo que esta semana celebra a súa primeira reunión en Eslovenia e do que forma parte o investigador da EE Forestal Juan Picos.
Publicado Thu, 22 Jun 2017 11:53:51 +0100
Como un recoñecemento á súa traxectoria académica e investigadora pero tamén á súa calidade humana. Con estas dúas premisas, membros da comunidade universitaria pero tamén amigos e discípulos de Luis Romaní, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo, reuníronse este xoves no Edificio de Ferro para renderlle homenaxe ante a súa inminente xubilación e sobre todo ante a aprobación no Consello de Goberno do pasado luns do seu nomeamento como profesor emérito. 47 anos despois de iniciar a súa actividade docente e 44 anos despois da súa chegada a Ourense, Romaní recibiu o recoñecemento por unha vida dedicada á Universidade e á física.
Publicado Thu, 22 Jun 2017 00:00:00 +0100
“Non ten sentido que eduquemos cunha linguaxe do século XIX ou XX cando estamos no XXI”. Deste xeito puña o acento María Lobo, da empresa Gingko, na importancia que ten a contorna dixital na definición de contidos e metodoloxías docentes capaces de espertar o interese do alumnado ao achegalo ás narrativas dixitais. Fíxoo no primeiro dos relatorios do coloquio internacional Multimodalidades e espazos dixitais, que este xoves reúne na Casa das Campás a expertos e expertas procedentes de España, Portugal, Francia, Canadá e Suíza co propósito de debater sobre diferentes experiencias sustentadas na idea da multimodalidade.
Publicado Wed, 21 Jun 2017 00:00:00 +0100
Arredor de 60 inscritos e inscritas, entre eles 20 mestres, nove deles grandes mestres, seis deles mestres internacionais e o resto mestres federados. Con estas cifras de participación preséntase o IV Torneo Internacional de Xadrez Campus Ourense, que se celebrará do 1 ao 7 de xullo nas instalacións universitarias. A cita, destacan os seus promotores, continúa consolidándose no circuíto de xadrez internacional conseguindo atraer cada ano a xogadores de maior calidade. “Aínda que poida haber favoritos, este ano o primeiro posto do torneo vai estar moi disputado”, explicou Lino Hermida, director do torneo e da Asociación de Xadrez Ourensán Universitaria.
Publicado Thu, 22 Jun 2017 14:24:50 +0100
O programa de doutoramento en Tecnoloxía da Información e as Comunicacións,Doc_Tic, promovido pola escola de Enxeñaría de Telecomunicación e AtlantTIC, puxo en marcha hai uns anos unha iniciativa pioneira na Universidade de Vigo: a celebración dunhas xornadas nas que as e os estudantes de doutoramento dan conta do progreso dos seus traballos ante as súas e os seus compañeiros e ante un comité externo que se encarga da avalialos. “Serve, así mesmo, como xornada de convivencia. A experiencia doutros anos di que o alumnado ve estas xornadas como moi positivas, pois sempre enriquece recibir comentarios e suxestións, tanto de colegas, como por parte dos profesores e invitados”, explica a catedrática Carmen García Mateo, responsable do programa, que neste intre ten 71 teses en marcha.
Publicado Thu, 22 Jun 2017 15:49:58 +0100
Os países de América Latina e o Caribe concentran máis do 40% da biodiversidade do planeta, sendo unha das áreas bioloxicamente máis diversas do mundo, incluíndo entre as zonas de especial interese os ecosistemas mariños e costeiros. Sen embargo, tan só o 5% dos estudos centrados neste eido desenvolvidos internacionalmente se centran nesta rexión. Para cubrir este baleiro, en xaneiro púxose en marcha o proxecto Ecomar, unha rede internacional da que forman parte organismos de investigación de seis países: España, Portugal, Brasil, Perú, Colombia e México, entre eles a Universidade de Vigo e o Campus do Mar. Tras unha reunión inicial que tivo lugar a comezos de ano en Vigo, este xoves e venres o campus acolle a primeira xuntanza anual de coordinación de Ecomar, na que participan 23 investigadoras e investigadoras de seis países de Iberoamérica.
Publicado Wed, 21 Jun 2017 15:26:31 +0100
Tras o éxito da edición anterior, o Flipped Classroom ou clase invertida volveu este xoves á Universidade en forma dun curso semipresencial impartido por Raúl Santiago, profesor da Área de Didáctica e Organización Escolar da Universidad de La Rioja. A cita arrancou este xoves e prolongarase ata o vindeiro 7 de xullo, 25 horas nas que se afondará nun modelo didáctico que avoga pola transferencia de determinados procesos de aprendizaxe fóra da aula grazas a vídeos gravados e editados polo profesorado, de maneira que o tempo de clase poderá investirse en potenciar outros mecanismos de adquisición que consoliden o coñecemento mediante a participación activa dos estudantes, como debates ou actividades que fomenten a investigación e a aplicación de ideas.
Publicado Thu, 22 Jun 2017 15:48:13 +0100
O profesor do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde Rafael Durán vén de ser nomeado este mércores novo decano en funcións da Facultade de Fisioterapia, en substitución de Gustavo Rodríguez, despois de que, rematado o mandado deste último, non se presentasen candidaturas ás eleccións convocadas no centro o pasado mes. Lilian Rosana Ferreira, como vicedecana, e Lourdes Maceiras, que continúa na secretaría académica completan o equipo que se situará á fronte do centro ao longo do vindeiro ano e que inicia a súa etapa co propósito de completar os preparativos para curso 2017/2018.
 

Más información sobre el medio: Diario Universidad de Vigo

Tipo Diario de Universidad
Formato Digital
Sede Vigo
Ámbito de distribución  
Género Academico
Precio  
   
   
Propietario ...
Editor  
Director  

 

Historia del Diario Universidad de Vigo

.....

Fuente:

 
Compartir	COMPARTIR:
eVigo © 2013. Todos los derechos reservados.