Alejandro Pérez: "En libro '20.000 leguas de viaje submarino' hay un capítulo que se refiere a la Bahía de Vigo"

Evigo evigo twitter evigo google Videos evigoFotos Instagraminformacion
Actualizado el Lunes, 21 Julio 2014 22:47
Publicado el Miércoles, 16 Julio 2014 17:34
Escrito por eVigo
vigoblog

Contactar con VigoBlog


Contacto con VigoBlog
Tel: 

www.vigoblog.blogspot.com.es

Redes Sociales de VigoBlog:

 VigoBlog: twitter  VigoBlog : facebook  VigoBlog: google plus

Ver Todos los blogs

 
Publicado 2017-03-09T10:45:00.002+01:00
Como todo o mundo vai decatándose, Abel Caballero non ganará as próximas eleccións municipais e estas son as 10 razóns que motivan ese resultado1. Caballero ten unha forma antiga de gobernar. Todo xira arredor da súa persoa, non forma equipo e pasan os anos e segue rodeado dos mesmo fieis que practican unha obediencia acrítica. El é o ideólogo, gobernante e portavoz, monopolizando a imaxe e a comunicación. Vai en contra dos tempos de cooperación, liderados compartidos e formación de equipos.2. A súa presenza enfermiza nos mediosde comunicación é a maneira que ten de relacionarse coa sociedade. Para conseguir un trato preferente establece convenios de colaboración que na maioría dos casos son imprescindibles para a supervivencia de periódicos e emisoras. Impide así o desenvolvemento de medios de información veraces que sirvan á sociedade á que se dirixen.3.Practica un populismo conservador e escasamente democrático simplificando a política mediantea presentación dun enemigo exterior (a Xunta, antes tamén a Deputación, Zona Franca, antes tamén o Porto) como causante dos males da cidade. A concentración de toda actividade nun líder único que establece o contacto directo coa sociedade (os programas tipo Aló Presidente se multiplican) .O encabezamento de mobilizacións seleccionadas e situadas sempre cerca das convocatorias electorais. Son actos aillados que reforzan a súa imaxe.A presenza en todas actividades da cidade donde a súa condición de alcalde vese transformada nunha continua campaña electoral . E todo isto ofrecendo unha imaxe de sacrificio da súa vida pola cidade.4. Contribúe ao deterioro democrático impulsando un partido ancorado nas institucións con un sistema de recompensas en cargos e salarios para manter a fidelidade dos militantes. Trata de homologarse aos lideres históricos que manteñen unha gran influencia a base de esquivar o funcionamento democrático. Asi apoia a defenestración de Sanchez e cando participa en decisión democráticas, vese nenguneado polas bases (no caso do seu candidato Méndez Romeu e, posiblemente, o mesmo lle pasará con Susana Diaz.) Ignora a unha chea de socialistas que hai tempo cansaron de lle rir os seus chistes xurásicos.5. Non ten un proxecto de cidade de futuro. O seu urbanismo non existe. Emprega o mesmo un PXOM mal elaborado que unha lei de excepción “ “ad hoc”. Limítase a “conservar” a vella cidade a traveso das humanizacións e engade algunhas “imitacións” como a cidade vertical. O seu modelo de cidade ven converxendo co do PP: ambos ven unha cidade adicada a servizos turísticos. Non hai resposta á previsible crise da industria que cada día avisa da súa presenza.6. Vigo está quedandofora dos movementos de transformación políticaque están acontecendo en multitude de cidades. Non participa nas redes que están conformando unha nova institucionalidade deixando atrás as vellas (deputacións, federacións ). Mentras outros equipos de goberno eficaces practican un goberno multinivel conscientes que o localismo é un atraso, Caballero segue encerrado nunha confrontación con réditos electorais dubidosos. Tampouco mostra interese pola recuperación de servizos básicos privatizados que ven acontecendo en toda Europa.7. Vigo vive no atraso.Os problemas do século XXI non existen para Caballero. A cidade non encara problemas como a degradación medioambiental, o problema de un transporte sostible ou o cambio climático. Herdeiro do peor das políticas dos 80s, a cidade mata a canonazos problemas como a depuración con instalacións megalómanas que aumentan a vulnerabilidade da cidade.8. A educaciónpara Caballero redúcese a unha foto cos bolseiros que van aprender inglés e co mantemento de -outro servizo privatizado – escolas infantís. Sen embargo, non hai iniciativas para diminuír a fenda dixital, un serio obstáculo para a mobilidade no emprego e para a participación democrática. O mundo dixital non existe na cidade de Caballero que encerrado na súa maioría absoluta, ignora os novos mecanismos de empoderamento dos cidadáns.9. O poder xustifica os medios. Esta é a máxima que preside o goberno de Caballero no terreo ideolóxico. Nen un impulso ao laicismo que demanda a diversidade da cidade. Segue comprometendo á Alcaldía de todos en actividades e crenzas de algúns. As procesións e símbolos son xustificadas con argumentos dos partidos conservadores.10 Por último, os datos electoraisindican que nas dúas últimas eleccións,Caballero quedou relegado á terceira posición na cidade. O ritmo de desaparición do bipartidismo acelérase. Sen dubida, está é a última maioría de Caballero.  
Publicado 2016-08-31T21:19:00.001+02:00
 

Más información sobre el medio: VigoBlog

Tipo Blog
Formato  
Plataforma  blogger
Ámbito de Vigo -Comarca
Género Información de General
   
   
   
Propietario ...
Editor  
Director  

 

Historia del VigoBlog

.....

Fuente:

 
Compartir	COMPARTIR:
eVigo © 2013. Todos los derechos reservados.