Alejandro Pérez: "En libro '20.000 leguas de viaje submarino' hay un capítulo que se refiere a la Bahía de Vigo"

Evigo evigo twitter evigo google Videos evigoFotos Instagraminformacion
Actualizado el Jueves, 11 Septiembre 2014 23:07
Publicado el Jueves, 11 Septiembre 2014 15:01
Escrito por Clara

pandeireteiras-A-Buxaina

As pandereteiras de Coruxo A Buxaina preparadas para actuar no Festival da Luz

As pandeireteiras A Buxaina de Coruxo, integradas dentro do Grupo Etnográfico do mesmo nome, actuarán este domingo, 14 de septembro, no Festival da Luz de Boimorto despois de gañar o concurso de maquetas "Cultivando Música" na categoría de Folclore.

O "Grupo Etnográfico A Buxaina" leva traballando dende hai 30 anos na organización de actos tan recoñecidos en Vigo como a "Homenaxe ao gaiteiro" ou o "Festival folclórico internacional de Coruxo". Ao redor desta agrupación, o Centro Cultural de Coruxo ten escolas de música e baile tradicional que nutren á agrupación; e que fan que leve funcionando tanto tempo.

O tema "Serán dos Seixedos" das pandereteiras de A Buxaina conquistou ós membros do xurado do certame, entre os que estaba a cantante, e unha das promotoras do Festival da Luz, Luz Casal.

A solo uns días de subirse ao escenario do que xa é un dos festivais musicais máis relevantes da nosa comunidade os nervos empezan a sentirse entre as integrantes de A Buxaina. Falamos con elas para coñecelas un pouco mellor e saber como afrontan a súa actuación do próximo domingo en Boimorto.

EVIGO. Gustaríanos coñecer un pouco mellor A Buxaina ¿Quenes sodes?
A BUXAINA. Somos seis pandeireteiras de Coruxo e arredores: Patri, Sonia, Ana, Marta, Izaskun e Margó (a directora).

EV. ¿Como e cando naceu A Buxaina?
B. Naceu no ano 1985 como alternativa ás actividades extraescolares dos centros educativos de Coruxo.

EV. ¿Que significa o voso nome?
B. Ven da expresión "baila coma unha buxaina", en referencia á persoa que baila moi ben.

EV. ¿Como se compatibiliza a vosa vida (fillos, traballo, familia...) con este grupo?
B. Somos afortunadas, podemos compatibilizado sen maiores atrancos.

EV. ¿Cantas horas a semana dedicades A Buxaina?
B. Oficialmente unha hora á semana, pero cando hai algunha actuación que o require, como neste caso, facemos "horas extras".

EV. ¿Tedes algún traballo editado?
B. Non, pero non o descartamos nun futuro.

EV. ¿É a primeira vez que vos presentades a un concurso deste tipo?
B. Non, anteriormente presentámonos ao concurso "Interritmos" e tamén o gañamos

EV. ¿Como xurdiu a idea de presentarvos o concurso de maquetas "Cultivando Música"?
B. A raíz de gañar o "Interritmos" gravamos como premio unha maqueta coa que nos presentamos ao concurso "Cultivando Música".

EV. ¿Como recibistedes a noticia de que erades as gañadoras do concurso?
B. Con moita ledicia, e como un recoñecemento ao noso traballo e esforzo.

EV. ¿E agora? ¿Cómo van os nervios os días previos a subirse ó escenario?
B. Polo de agora estamos enfrascadas nos ensaios, pero xa empezan a aparecer por momentos.

EV. ¿Que é para vos o máis importante deste premio e da actuación que tedes o domingo?
B. Sobre todo que é unha gran experiencia para o grupo, e que vai facer que nos coñeza moita xente.

EV. ¿Está todo preparado?
B. Case, estamos a preparar algunha peza nova para estrenar no festival, ademais dalgunha sorpresa.

EV. ¿Acompañaranvos moitos amigos dende Coruxo?
B. Agardamos que si.

EV. ¿Pensadess que este premio pode cambiar algo para A Buxaina?
B. Sobre todo é un estímulo para seguir traballando e mellorando como grupo.

Escoita o tema premiado "Serán dos Seixedos"

O tema das pandereteiras de A Buxaina conquistou a Luz Casal podedes escoitalo aquí.

Compartir	COMPARTIR:
eVigo © 2013. Todos los derechos reservados.